A Xunta de Galicia reforza a atención ás persoas maiores do concello de Negreira co impulso dos coidados a domicilio

Habilitáronse un 65% máis de horas dispoñibles de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes, o que eleva a ratio de cobertura nesta localidade por riba do 92%

Tamén existen dispoñibles prazas para incorporar a novas persoas usuarias do programa Xantar na casa, que garante unha alimentación equilibrada e saudable aos maiores que viven sós

Financiáronse obras de accesibilidade e de mellora no pavillón polideportivo do colexio público O Couto e na escola infantil municipal