A Corporación leu unha declaración institucional de condena das violencias machistas con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Non Violencia de Xénero.
As concelleiras e os concelleiros mostráronlle o seu apoio ao persoal traballador de Isowat polo peche definitivo da factoría anunciado durante a realización da sesión plenaria.
O Goberno local poñerá en marcha a Mesa da Cidade Vella para impulsar o Plan de revitalización do centro histórico.