Galicia

A Policía Autonómica leva a cabo 104 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

Entre o 22 e o 28 de maio, realizáronse inspeccións en 9 concellos galegos, levantáronse 16 actas de infracción e foron identificadas 101 persoas

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Leer más »

Feijóo valora a confianza do Goberno de Uruguai nas empresas galegas para facer infraestruturas de primeiro nivel no país

Traslada a satisfacción de que dúas empresas galegas do sector da construción fosen adxudicatarias dun contrato en materia viaria que suporá un potente investimento de 400 millóns de dólares

Incide na disposición de Galicia para seguir abrindo novas oportunidades de negocio co país, tanto no eido das infraestruturas como noutros sectores: as enerxías renovables, consultaría, naval, biotecnoloxía ou alimentación

Refírese á solvencia da Comunidade como o mellor aval para abrir novas oportunidades de negocio co Uruguai

Leer más »

Cores Tourís clausura o obradoiro de emprego “dinamización turística” de Tomiño no que se formaron 20 alumnos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a realización durante este período de formación de diversas iniciativas que teñen como fin a potenciación do turismo na localidade

En 2017 a Xunta destinará a este tipo de iniciativas 20,5 millóns de euros, resaltando a ampliación da duración de cada obradoiro ata os 9 meses

Leer más »

A Xunta convoca as axudas do Plan Rehaluga para a rehabilitación de vivendas que se destinen a alugueiro social

As axudas a fondo perdido que ofrece o Goberno galego serán de 4000 cando sexan edificios de vivendas e de ata 5500 ao tratarse de vivendas unifamiliares

O Diario oficial de Galicia publica hoxe a orde destas axudas pioneiras, coas que se pretende axudar aos propietarios de inmobles desocupados a dotalos das condicións de habitabilidade necesarias para destinalos a alugueiro social

Poderán optar a estas axudas os propietarios de inmobles desocupados situados en algún dos 44 concellos adheridos ao Programa de vivendas baleiras

Leer más »

Conde aposta por unha industria galega do viño que combine calidade con tradición e innovación para seguir medrando

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou en Meis Terra de Asorei, unha adega que recibiu hoxe o selo Galicia Calidade e que nas súas 60 hectáreas de viñedo produce tres marcas da D.O Albariño

Destaca a aposta pola modernización das súas novas instalacións e o seu impulso pola Adega 4.0, en concordancia co modelo de futuro polo que avoga a Xunta para o tecido empresarial galego: a Industria 4.0

Un total de 96 firmas e máis de 350 produtos están xa certificados con esta marca das que 14 son adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia
 

Leer más »

Cultura convoca 500.000 euros en axudas para mellorar a rede de equipamentos culturais dos concellos

A través desta liña dirixida ás corporacións locais subvenciónase equipamento escénico e audiovisual, iluminación e son, actuacións que garantan a seguridade e a accesibilidade ás instalacións e investimentos para a posta en funcionamento de locais destinados á realización de actividades culturais

Na convocatoria de 2016, a Secretaría Xeral de Cultura apoiou a realización de 91 proxectos municipais
 

Leer más »