A Xunta destaca en Mos a importancia da formación á carta para os sectores estratéxicos e adaptada ás demandas das empresas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, mantivo hoxe unha xuntanza cos representantes da Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) para expoñerlles as novas liñas de axudas en materia de cualificación

O programa de formación especializada para ocupados prevé chegar a 23.000 traballadores a través de 1500 cursos

As unidades formativas na empresa ofrecen cualificación para desempregados e ocupados nas propias firmas

As iniciativas están dirixidas a ámbitos como o agroalimentario, automoción, enerxías renovables, téxtil, construción, comercio, hostalería ou transporte, así como a eidos de alto potencial como o aeronáutico e aeroespacial, a industria da saúde e do benestar, biotecnoloxía ou a ecoindustria