A Xunta ofrecerá este ano formación á carta a preto de 1000 traballadores do naval galego

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, mantiveron hoxe en Vigo un encontro co presidente de Aclunaga, Marcos Freire, e empresas deste sector para expoñerlles as axudas do Goberno galego e os programas de formación neste ámbito

Toca destaca que un dos retos principais da Axenda 20 para o Emprego é que o sistema formativo se oriente á realidade da industria, adaptando a cualificación dos traballadores ás necesidades que demanda o sector produtivo

Marnotes indica que xa está aberto o prazo de solicitude para as unidades formativas na empresa, tanto para desempregados como ocupados

Na cidade de Vigo poranse en marcha 50 cursos para 800 profesionais do naval

O desemprego baixou en 2017 neste ámbito un 23,76%, ao tempo que se asinaron máis de 32.200 novos contratos