CCOO e UGT convocan novas concentracións en defensa de pensións dignas

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia e a UGT convocan para mañá xoves, 15 de febreiro, novas concentracións en defensa de pensións dignas. Carlos Mella, de CCOO, fai un chamamento ao colectivo de persoas pensionistas e xubiladas e mais á sociedade en xeral para participaren nas mobilizacións. O sindicalista asegura que o sistema público de pensións é «perfectamente sostible», aínda que haxa que reforzar a súa estrutura de ingresos.