Ethel Vázquez avanza que a senda peonil e ciclista entre A Susana e A Eirexe, en Boqueixón, estará rematada este verán grazas a un investimento de 600.000 euros

A senda, de 2 km pola marxe dereita da estrada AC-960, conectará nun primeiro treito A Susana co polígono industrial de Sergude e continuará, nun segundo tramo, ata o lugar da Eirexe

Vázquez Mourelle destaca que a actuación incrementará a seguridade das persoas que transitan esta estrada para chegar ao traballo na zona industrial ou para acceder aos servizos e ao transporte público que percorre a N-525

Subliña que esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas na comarca de Santiago, onde o Goberno galego está a executar máis de 15 km de itinerarios, dos que máis da metade están rematados ou en obras

Fai fincapé na aposta da Xunta por unha mobilidade máis saudable e sustentable coa construción de sendas que atenden a criterios de integración paisaxística, sustentabilidade pero, ante todo, de reforzo da seguridade viaria