Os socialistas censuran a “falta de diálogo” da Xunta fronte ás “lexítimas” reivindicacións do personal de Xustiza

 

A portavoz de Xustiza do PSdeG no Parlamento, Patricia Vilán, critica que Rueda "non se digna a sentarse cos traballadores"

 

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2018. A voceira de Xustiza do PSdeG no Parlamento, Patricia Vilán, participou hoxe na manifestación dos traballadores do sector en Galicia para esixir a fin da súa discriminación con respecto ao mesmo colectivo noutras comunidades, unha demanda “lexítima”.

 

Ao inicio da protesta, á que os socialistas dan apoio nas distintas cidades galegas, Patricia Vilán criticou que o vicepresidente da Xunta e responsable de Xustiza, Alfonso Rueda, saia “todos os días na prensa” pero que “non se digna a sentarse cos traballadores”, que están en folga indefinida desde o mércores da pasada semana.

 

“Amosa a falta de capacidade de diálogo que ten o PP”, remarcou a socialista, quen afeou a Rueda que sexan o director xeral de Xustiza e o director xeral de Función Pública, que “é o que realmente está mandando”, os que contacten cos traballadores.

 

Neste contexto, os socialistas xa presentaron varias iniciativas parlamentarias para reclamar a mellora das retribucións do persoal, que se repoñan as prazas que foron amortizadas e que se suprima a merma salarial nos casos de incapacidade temporal, entre outras medidas.

The post Os socialistas censuran a “falta de diálogo” da Xunta fronte ás “lexítimas” reivindicacións do personal de Xustiza appeared first on PSdeG-PSOE.